Campaña Solidaria de recollida de xoguetes novos

17 Nov 2021

Desde o departamento Cativos de atención á infancia e mocidade de Cáritas Interparroquial Santiago lanzan un ano máis a Campaña solidaria de recollida de xoguetes novos, para Reis, que serán entregados a máis de 300 nenos/as e mozos de Santiago e comarca. Estes nenos/as pertencen a familias atendidas durante todo o ano polos programas de Cáritas, así como de Servizos Sociais e outras entidades de acción social da cidade.

A súa maior porcentaxe de familias teñen nenos/ s de entre 13 e 17 anos, polo que realmente necesitan produtos destinados a estas idades.

Programa Cativos
Cáritas Interparroquial de Santiago de Compostela
Rúa Hospitaliño nº2, bis.
Telf.: 981 552 140 Ext. 21

www.caritas-santiago.org