III Certame do Concurso Solidario de Pintura sobre Dereitos Humanos

16 Nov 2021

Sánchez Butrón Avogados convoca o III Certame do Concurso Solidario de Pintura sobre Dereitos Humanos. Na presente convocatoria o Dereito Humano elixido e, por tanto, o que define a temática das pinturas, é a Liberdade de Opinión e Expresión.

Nesta edición cóntase coa colaboración da Fundación Tutela Alacante, que recibirá unha porcentaxe das obras premiadas.

Cada autor poderá participar cun máximo dunha obra. Será condición indispensable que as obras presentadas non fosen premiadas en ningún outro concurso.

Requírese que as obras se entreguen co título da obra no dorso e un sobre pechado.

O prazo de participación estará aberto ata o 7 de marzo de 2022 ás 18.30 h. Desde a data de finalización e ata o 21 de marzo de 2022, o Xurado realizará unha preselección de 20 obras, como máximo, entre todas as presentadas. As obras preseleccionadas deberanse entregar polo artista en Fundesem Business School, en Alacante.

As obras presentadas estarán realizadas en calquera tipo de técnica e soporte, limitadas unicamente na súa medida, que deberán ter un máximo de 1,20 m x 1,20m.

Establécense 5 premios. O importe será repartido entre o gañador da obra premiada e a Fundación Tutela Alacante, quedando da seguinte forma:
- Primeiro premio. 1.500€: 1.000€ para a obra premiada, 500€ para a Fundación Tutela Alacante.
- Segundo premio. 1.000€: 700€ para a obra premiada, 300€ para a Fundación Tutela Alacante.
- Tres accésits de 300€. Cantidade íntegra para os artistas

https://sanchezbutron.com/3-concurso-solidario-pintura-sanchez-butron/