Axudas para a realización de actividades do Programa Corpo Europeo de Solidariedade

11 Nov 2021

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea do Programa "Corpo Europeo de Solidariedade" durante o 2021.

- Proxectos de voluntariado.
- Proxectos solidarios.

Os fondos asignados a España para as accións descentralizadas repartiranse tendo en conta a calidade das solicitudes, os obxectivos e as prioridades establecidas pola guía do programa "Corpo Europeo de Solidariedade"

Requisitos e forma de presentación das solicitudes.
- Os solicitantes deberán rexistrarse previamente segundo o procedemento establecido na guía do programa
- Os solicitantes deben presentar a súa solicitude electrónica utilizando unicamente os formularios específicos para cada acción e dispoñibles no sitio web da Axencia Nacional Española para a aplicación do Programa Corpo Europeo de Solidariedade: http://www.cuerpoeuropeodesolidaridad.injuve.es/es/recursos/formularios 

Prazo de presentación de solicitudes.
Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados expiran ás 12.00 h (mediodía), hora de Bruxelas.
- 28 de maio de 2021, para proxectos que comecen entre o 1 de agosto e o 31 de decembro de 2021,
- 5 de outubro de 2021, para proxectos que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2022.
- 31 de decembro de 2021, para solicitudes de Selo de Calidade para proxectos de voluntariado.

Poderanse solicitar proxectos nas seguintes accións:
- Participación de mocidade en actividades solidarias: Proxectos de voluntariado; Voluntariado en equipo en ámbitos de alta prioridade; Proxectos de solidariedade.
- Participación de mocidade en actividades solidarias relacionadas coa axuda humanitaria «Voluntariado no marco do Corpo Voluntario Europeo de Axuda Humanitaria»

Ademais, o Programa Corpo Europeo de Solidariedade esixe ás organizacións que desexen levar a cabo proxectos de voluntariado a presentar solicitudes de acreditación, denominadas solicitudes de Selo de Calidade, proporcionando ás organizacións acreditadas do devandito selo que acredita o cumprimento dos requisitos de calidade para participar no Programa.

Máis información no BOE do 11 de novembro de 2021 e en http://www.cuerpoeuropeodesolidaridad.injuve.es/es

https://europa.eu/youth/solidarity_es