Curso en Santiago de Compostela de monitor/a de tempo libre da ETL Don Bosco

08 Nov 2021

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un novo curso de monitor/a de tempo libre a realizar durante as fins de semana dende febreiro ata maio de 2022

Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:
Febreiro: 5, 6, 12, 13, 19, 20
Marzo: 5, 6, 12, 13, 19, 20
Abril: 2, 3, 9, 10, 23, 24, 30
Maio: 1
A maioría do curso desenvolverase de forma presencial. Unha pequena porcentaxe das horas do curso realizarase de forma online que poderían aumentar si a situación sanitaria así o requerira.

Horarios:
As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
Traballos e tarefas na aula virtual
Equipo necesario para as sesións online: será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

Prezo:
250€. Taxas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

https://www.cxdonbosco.org/index.php/etl/cursos/361-curso-de-monitor-a-de-tempo-libre-2022-primavera