Subvencións para a contratación de axentes de emprego

08 Nov 2021

A Consellería de Emprego convoca subvencións para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local nos concellos e para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio nas entidades sen ánimo de lucro.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR351B para concellos e TR352B para asociacións sen ánimo de lucro
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de decembro de 2021.
Máis información no DOG do 8 de novembro de 2021 e en https://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions