Nos Espazos Xoves de Vilagarcía, Betanzos e Lalín vaise desenvolver o Galicia Gamer.
Trátase dun programa de actividades sobre videoxogos. En cada xornada, á mañá haberá charlas presenciais e virtuais con creadores e creadoras de videoxogos galegos. Ás tardes montaranse estacións de xogo onde se levarán a cabo campionatos de pequeno formato abertos ao público para participar. As finais destes campionatos serán emitidas en directo a última hora da tarde. nas que haberá charlas e eventos competitivos.
O calendario do Galicia Gamer é o que segue:
- martes 23 de novembro: Espazo Xove de Vilagarcía. Xogarase ao Fifa21.
- xoves 25 de novembro: Espazo Xove de Betanzos. Xogarase a Dragon Ball ZFighters e Rocket League.
- venres 26 de novembro: Espazo Xove de Lalín. Xogarase a Smash Bros, Fifa21 e Age of Empires 2.
*Tamén haberá alguna estación de xogo para xogar sen competición.
O evento está dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. Calquera persoa que participe nos eventos competitivos terá que asinar alí mesmo unha autorización de dereitos de imaxe (polos eventos emitidos por streaming). Para máis información podes escribir a volvemosaprimeraproducciones@gmail.com
Inscrición
No caso das charlas pódese asistir sen avisar (ata completar aforo). No caso dos eventos competitivos convén avisar por correo electrónico a volvemosaprimeraproducciones@gmail.com, indicando idade e nome completo. No caso de non avisar, só se poderá acceder ao evento se o aforo non está completo.
Máis información en https://volvemosaprimeraproducciones.com/2021/10/29/en-que-consiste-galicia-gamer-informacion-sobre-os-eventos/, nas redes sociais dos Espazos Xoves e na canle de twitter (https://twitter.com/Galicia_Gamer)