Máster e doutorado en Francia

03 Nov 2021

O programa de bolsas Eiffel é unha ferramenta desenvolvida polo Ministerio para Europa e de Asuntos Exteriores francés, co fin de permitir ás institucións francesas de educación superior atraer aos mellores estudantes estranxeiros en formacións que outorgan diplomas de nivel máster e doutoramento.

Permite capacitar aos futuros decisores estranxeiros, dos sectores privado e público, nas áreas de estudos prioritarios, e tamén estimular as solicitudes de estudantes de países emerxentes.

Os dous campos disciplinarios das bolsas Eiffel cobren sete aéreas de estudo:

Ciencia e tecnoloxía :
  Bioloxía e saúde
  Transición ecolóxica
  Matemáticas e dixital
  Ciencias de enxeñería

Ciencias humanas e sociais
  Historia, lingua e civilización francesa
  Dereito e ciencias políticas
  Economia e xestión

Este programa está reservado a calquera candidato de nacionalidade non francesa.

A nivel máster, o candidato debe ter 25 anos como máximo á data da campaña de candidatura de 2022, é dicir, nacer despois do 31 marzo de 1996.
A nivel doutorado, o candidato debe ter 30 anos como máximo á data da campaña de candidatura de 2022, é dicir, nacer despois do 31 marzo de 1991.

Prazo para presentar solicitudes: ata o 7 de xaneiro de 2022.

https://www.campusfrance.org/es/el-programa-de-becas-de-excelencia-eiffel