Curso en Santiago de Compostela de Monitores/as de actividades de tempo libre da ETL de Cáritas

03 Nov 2021

A Escola de Tempo Libre de Cáritas Diocesana de Santiago convoca un curso de Monitores/as de actividades de tempo libre

Datas: do sábado 4 de decembro de 2020 ás 9:00 horas ao domingo 16 de xaneiro de 2022, ás 21:00 horas no local da Escola de Tempo Libre, situado en R/ Hospitaliño 2 bis de Santiago de Compostela.

Prezos
- Xeral: 200€
- Carné Xove, carné estudantes, familia numerosa ou parados larga duración: 175€
- Voluntarios/as de Cáritas, Divino Maetro e parroquias de Santiago de Compostela: 150€
- 2 Bolsas dispoñibles no caso de acreditar dificultade de acceso por ingresos económicos

Días nos que o curso se impartirá nun lugar diferente ao habitual:
- Colexio Divino Maestro (R/ de Blanco Nájera, s/n): o día 29/12/2021 (de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00) e o día 30/12/2021 (de 9.00 a 14.00).
- Instalacións de Arnela (Porto do Son): o fin de semana do 8 e 9 de xaneiro de 2022. Convivencia con pernocta

Máis información
etl.cdsantiago@caritas.es
981 552 140