E-martes na Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

03 Nov 2021

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xornadas de formación práctica dixital (E-martes)

Contidos:
- Sede electrónica da Xunta de Galicia.chave365video3
- Chave365.
- Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: eServizos, servizos nas oficinas e Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

Desenvolvemento:
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 16 de novembro e 14 de decembro de 2021.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas cada xornada.
Número de prazas: 13

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

Prazos para a inscrición:
- Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 16 de novembro: desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 11 de novembro de 2021.
- Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 14 de decembro: desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 9 de decembro de 2021.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 546 239 e 981 546 241.

Máis información no DOG do 3 de novembro de 2021 e en https://egap.xunta.gal