Axudas para participar en accións formativas

29 Out 2021

Emprego convoca bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.
As accións formativas con dereito a bolsa son as que se inicien entre o 30 de outubro de 2021 e o 31 de outubro de 2022.
Prazo: a persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR301V
Máis información no DOG do 29 de outubro de 2021 e en https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/formacion-emprego/bolsas