Aínda estás a tempo de participar

28 Out 2021

Ainda quedan prazas nos seguintes cursos en liña na plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org:

As competencias do voluntariado: un valor en alza

Curso de voluntariado: nivel básico

Se aínda non realizaches estes cursos e tes intención de facelo non perdas esta oportunidade. Accede ao campus en liña  de Voluntariado Galego e realiza a túa matrícula.

Se aínda non es alumna/o da plataforma crea a túa conta de usuario antes de solicitar a matrícula. Se xa dispós de conta (lembra que se xa es alumno da antiga plataforma debes entrar co teu DNI incluida a letra sen espazos, como nome de usuario, e o contrasinal que xa usabas) accede a ela introducindo o teu nome de usuario e contrasinal.