No DOG do 26 de outubro publícase a orde que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia
No capítulo I destacan os principios de actuación que guían as actuacións dos equipos directivos, do profesorado titor, do resto do profesorado e dos servizos de orientación educativa e profesional.
O capítulo II trata sobre a atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo:
- Alumnado con necesidades educativas especiais.
- Alumnado en situación de vulnerabilidade socioeducativa e/ou cultural.
- Alumnado con altas capacidades intelectuais.
- Alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo.
No capítulo III trátase a escolarización do alumnado, desde a consideración da súa promoción e a súa permanencia no sistema educativo.
O capítulo V trata sobre os recursos necesarios para garantir a equidade e a inclusión, considerando tanto os recursos de tipo material como os de tipo profesional.
No capítulo VI abórdanse a participación, a colaboración e a coordinación de todas as persoas que participan na educación das nenas e dos nenos, das alumnas e dos alumnos.
O capítulo VII, aborda o desenvolvemento social e emocional do alumnado, xunto coa protección e a promoción do talento
O capítulo VIII aborda outro dos aspectos que se entenden necesarios para que as organizacións educativas contribúan ao benestar de todas as persoas que as conforman e, ao mesmo tempo, fagan posible acadar verdadeiros estándares de calidade en todo o que ten que ver cos procesos de ensino e de aprendizaxe: o desenvolvemento persoal e profesional do profesorado, a formación, a innovación e a calidade.