Campus de formación en liña en materia de igualdade

22 Out 2021

Dende a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia poñen en marcha un novo campus de formación en liña en materia de igualdade.

Esta nova plataforma formativa está dirixida a fomentar, formar e sensibilizar á sociedade na igualdade laboral efectiva entre homes e mulleres a través de accións formativas.

As accións formativas que se van realizar na plataforma serán gratuítas e enmarcadas en diferentes ámbitos como son:
- A conciliación e a corresponsabilidade
- O rexistro retributivo
- O acoso laboral
- O teletraballo
- Moitos outros asuntos relativos á igualdade laboral.

Para acceder ao campus virtual é necesario inscribirse a través da páxina web www.aigualdadelaboral.gal/formacion  A formación que se oferta é gratuíta, flexible e de calidade, permitirá acceder a un certificado de aproveitamento e está dirixida a toda a poboación, en xeral, e ao tecido empresarial, en particular.

https://aigualdadelaboral.gal/novo-campus-de-formacion-en-lina-con-cursos-con-inscricion-aberta/