Bolsas para cursos de novas tecnoloxías da Universidade de Chicago

15 Out 2021

O programa Bolsas Santander Tech - Dixital Business - The University of Chicago ofrece 1600 bolsas para cursar durante 7 semanas cursos no coñecemento e uso das novas tecnoloxías e modelos de xestión nunha contorna profesional altamente competitivo en colaboración coa Universidade de Chicago.
Se participas, poderás elixir entre un dos seguintes cursos, dispoñibles en español, inglés e portugués e baseados nunha metodoloxía e-learning: Intelixencia Artificial e Data Science para Directivos, Creación e Xestión de Equipos Resilientes, FinTech e Marketing Dixital.

Prazo: ata o 15 de decembro de 2021

https://app.becas-santander.com/es/program/becas-santander-tech-digital-business-the-university-of-chicago