PHOTOformas

14 Out 2021

A Asociación de Amigos do Museo de Ciencias Naturais de Áraba convoca a 7ª Edición do Concurso de Fotografía de Natureza PHOTOformas.

Fotografía naturalista a calquera escala: minerais, rocas, seres vivos, formacións xeolóxicas, paisaxes, intervencións humanas, fotografía microscópica… O concurso pretende dar a coñecer, desde o Museo de Ciencias Naturais de Áraba, as interpretacións e a particular visión da natureza achegadas polos participantes.

Admítese calquera técnica ou procedemento dixital ou de laboratorio, en cor ou branco e negro. As fotografías, independentemente do seu tamaño, presentaranse impresas en papel, montadas nun passe-partout de 40 x 50 cm, cun grosor mínimo de 1,4 mm e máximo de 2 mm. En posición horizontal ou vertical indistintamente.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras orixinais, inéditas e non premiadas noutros concursos (permitense finalistas, mencións de honra e similares). As obras presentaranse en papel e en formato dixital. As imaxes dixitais enviaranse en formato JPG, de 20 cm no seu lado maior e resolución 300 ppp.

Os arquivos informáticos enviaranse por e-mail, no mesmo prazo, a alavesia@alavesia.org indicando tamén o pseudónimo no texto da mensaxe.

O prazo de admisión dos traballos estará aberto ata o 14 de novembro de 2021.

Das obras presentadas o Xurado seleccionará 30, que se expoñerán, en primeiro lugar, na sala de exposicións temporais do Museo, e posteriormente noutras salas de Vitoria - Gasteiz e doutras localidades. O Xurado adxudicará:
- Un primeiro premio de 800 euros.
- Dous accésits de 250 euros cada un.

https://alavesia.files.wordpress.com/2021/08/bases-2021-y-anexo-i.pdf