CAI. COMPAÑIA ARTISTICA INTERDISCIPLINAR

14 Out 2021

A Compañía Artística Interdisciplinar (CAI) do Espazo Xove de Tui retoma a súa actividade o venres 22 de outubro tras o descanso estival.

 

Os seus integrantes practican distintas especialidades artísticas (teatro, danza...) e ensaian todos os venres de 17:00 a 18:30 h.

Se tes entre 13 e 30 anos e che apetece probar, non o dubides! Inscríbete no teléfono 886110797 ou no correo espazoxovetui.xuventude@xunta.gal