Certificados de profesionalidade para persoas desempregadas

14 Out 2021

As accións formativas propostas nesta edición están pensadas para mellorar a inserción laboral dos desempregados en perfís profesionais demandados, no mercado actual, ofrecendo unha formación gratuíta e presencial con prácticas en empresas.

Esta formación é gratuíta xa que está 100% subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional polo que, non supón ningún custo económico para as persoas participantes na formación. Impártense de maneira presencial en aulas situadas en Vigo.

Para realizar a solicitude da praza, os alumnos deberán asistir á súa oficina de emprego e presentar o código correspondente ao curso que desexen solicitar.

Os Certificados de profesionalidade dispoñibles son:
- Xestión de márketing e comunicación (COMM0112): Certificado de profesionalidade de nivel 3, código 5265.
- Operación de sistemas informáticos (IFCT0210): Certificado de profesionalidade de nivel 2, código 5020.

Esta formación conta cunha parte presencial e inclúe prácticas non laborables en empresas, ao finalizar con éxito os módulos teóricos.

As prazas son limitadas e a inscrición xa se atopa aberta. Para solicitar praza e/ou consultar máis detalles: https://www.cursosfemxa.es/cursos-xunta

Está ao dispor das persoas interesadas que teñan calquera consulta, o teléfono gratuíto ao 900 100 957 e o correo electrónico atenciónalalumno@femxa.com