Premio innovación e creatividade Aeronáutica para institutos

08 Out 2021

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos de España convoca a primeira edición do Premio innovación e creatividade Aeronáutica para institutos enfocado á promoción da enxeñería aeronáutica nos estudantes pre-universitarios.

Poderán participar equipos de todos os institutos de España e permítese a participación de varios equipos por instituto. Este concurso está dirixido aos estudantes de 1º e 2º de bacharelato.

É un concurso por equipos no que fundamentalmente se valorará a capacidade técnica para deseñar e a creatividade da idea presentada. Esta primeira edición céntrase nos drons, aeronaves que cada ano están a tomar un papel máis protagonista no sector. Concretamente, o reto consiste no deseño dun sistema anti-colisión de drons.

O obxectivo principal deste desafío consiste en que o equipo desenvolva unha app para controlar o voo dun dron vía wifi que sexa capaz de detectar e esquivar a outro dron independente controlado pola mesma app pero desde un dispositivo móbil diferente.

Cada equipo participante deberá enviar un vídeo sen cortes que mostre a proba desde o despegamento do dron número “1” ata a realización da última manobra de evasión gravado desde un punto que permita apreciar a reacción e traxectoria de ambos os drons.

O prazo de presentación de proxectos/propostas estará aberto ata o 10 de decembro de 2021 ás 23:59 horas.

Premios:
O primeiro, valorado en 6.000 euros, para o instituto ao que pertenza o equipo gañador.
O segundo, valorado en 3.000 euros, para o instituto ao que pertenza o equipo que quede en segundo lugar.

https://www.coiae.es/publico/files/Bases_Premio_Innovacion_Creatividad_Institutos.pdf