Moitas vidas… ao teu lado

08 Out 2021

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) convoca o concurso de fotografía "Moitas vidas… ao teu lado”.

O INSST desexa que toda a cidadanía, a través das súas fotografías, comunique a visión que ten da prevención de riscos laborais. A arte da fotografía achegará á poboación o significado da actividade preventiva. As fotos deben estar ambientadas no mundo do traballo, buscando captar a importancia da prevención e da colaboración e cooperación entre traballadores, profesionais e/ou a cidadanía en xeral.

Formato e presentación da fotografía:

- A fotografía poderase realizar con calquera tipo de dispositivo a condición de que se cumpra coas especificacións solicitadas.
- A imaxe deberá ser orixinal, inédita, non sendo presentada e/ou premiada noutros certames.
- Poderá ser en cor ou en branco e negro, non admitíndose a manipulación dixital da mesma.
- Deberá presentarse en formato JPEG/JPG ou PNG.
- Non deberá pesar máis de 10 MB e terá que ter unha resolución de 300 ppp.
- Cada participante poderá presentar unicamente unha fotografía relacionada co tema do concurso.
- A fotografía deberá ser propiedade do autor ou autora que a presente ao certame.
- Non se admitirán composicións nin combinacións de fotografías.
- A fotografía deberá ser achegada de maneira dixital no formulario de inscrición e deberá ir acompañada dun título e dun breve texto explicativo.

O prazo de presentación dos traballos estará abaerto ata o 2 de novembro de 2021.

Poderán participar todas as persoas maiores de idade residentes en España que o desexen, sexan ou non profesionais da fotografía.

Premios:
1º premio: 1.000 €
2º premio: 800 €
3º premio: 600 €
O importe dos premios está destinado a adquirir material fotográfico e/ou realizar estudos relacionados coa fotografía.

Bases do concurso