Ilustración realizada por Bea Gregores Ilustración realizada por Bea Gregores

Podcast dos Contos ao teléfono de Gianni Rodari

08 Out 2021

contostelefonoooO Consello da Cultura Galega presentou un especial podcast que achega a tradución que fixo a poeta galega Xela Arias dos Contos ao teléfono de Gianni Rodari.

 

Son doce contos do libro Contos ao teléfono que o contable Bianchi de Varese inventaba cada noite para contarlle por teléfono á súa filla cando estaba fóra da casa por traballo. Historias curtas que foron traducidas por Xela Arias e o seu pai, Valentín Arias, a finais dos oitenta e que agora o CCG adaptou, a través da voz de Charo Pita, para formato sonoro.

 

O especial web conta cunha ilustración realizada por Bea Gregores (Vigo, 1995)

 

Contos ao teléfono