Mocihorta comunitaria en Oleiros

07 Out 2021

O obradoiro terá lugar todos os mércores de 16:30 a 19:30 na Casa da Mocidade As Pedras. Dará comezo o mércores día 13 de outubro e rematará en decembro.

As actividades están dirixidas a mozas e mozos entre 14 e 30 anos de calquera concello, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

As inscricións deben facerse a través da súa páxina web: centrosmocidadeoleiros.wordpress.com 

Se vos xorde algunha dúbida recordamosvos que os seus Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00; e o horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a venres de 10:00 a 13:00 e venres e sábado dende as 18:00 ate as 22:00.
Lembramosche tamén que podedes estar ao tanto de todo o que fan a través da súa conta de Instagram: @centrosmocidadeoleiros, na páxina de Facebook: Casas da Mocidade Oleiros ou na web: centrosmocidadeoleiros.wordpress.com , na cal poderás estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...