18ª edición do Concurso de Poesía ANOMAR

06 Out 2021

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a 18ª edición do Concurso de Poesía ANOMAR.

Poderán participar nesta convocatoria:
- rapaces e rapazas entre os 8 e os 12 anos (1ª categoría).
- mozas e mozos entre os 13 e os 17 anos (2ª categoría), e
- a partir de 18 anos (3ª categoría).

Os poemas pódense achegar en man, por correo ordinario ou empregando o correo electrónico.

Correo ordinario ou en man:
Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos
R/Ameneiro, número 8
15894 Os Tilos-Teo
A Coruña

On-line ao seguinte enderezo: anomar@arcostilos.org

A obra será remitida como arquivo adxunto e non pode vir asinada pola autora ou polo autor, este dato xunto coa data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto, deben vir no corpo do correo electrónico e no asunto indicarase XVIII Concurso de Poesía ANOMAR.

O prazo para participar estará aberto ata o 10 de novembro de 2021.

http://asociacion.arcostilos.org/xviii-concurso-de-poesia-anomar/