Participantes para a Formación Internacional "SDGeneration - Educación para un desenvolvemento sostible"

05 Out 2021

A OMIX de Ribadavia seleccionará 2 persoas de máis de 18 anos de idade e que poidan comunicarse en inglés para participar no curso de formación internacional "SDGeneration - Educación para un desenvolvemento sostible"

O concello de Ribadavia é socios no proxecto SDGeneration, con número de referencia: 2019-3-PT02- KA105-006472, dentro do Programa ERASMUS + Mocidade, Acción crave 1: Mobilidade de aprendizaxe das persoas.

As datas son:
- Beja, Portugal - 14 ao 22 de outubro de 2021
- O Cairo, Exipto - 7 ao 14 de decembro de 2021

O programa achega os gastos de viaxe segundo o calculador de distancias do programa Erasmus + e gastos de aloxamento e manutención durante os días do proxecto.

Si estás interesada/o en participar, escríbelles a omix.ribadavia@gmail.com para apuntarte.

Concello de Ribadavia
OMIX. Oficina Municipal de Información Xuvenil
Técnico OMIX : Manuel Araujo Montero
Teléfono: 988 471 929
omix.ribadavia@gmail.com
Casa da Xuventude, Rua Porta Nova de abaixo 9. 32400 Ribadavia (Ourense), España
www.omixribadavia.wordpress.com