XII Certame fotográfico internacional da Fundación NMAC

05 Out 2021

A Fundación NMAC convoca o seu XII Certame fotográfico internacional.

Nesta ocasión, a temática proposta será NATUREZA FANTÁSTICA. Convidan a todos os/as fotógrafos/as a que envíen as súas fotografías a concurso en relación a este tema, que este ano é máis creativo e orixinal que nunca. Curiosidades da natureza, perspectivas imposibles, encadres sorprendentes…
Todo iso coa natureza como pano de fondo, serán elementos a ter en conta polo Xurado do Certame.
Como condición indispensable, as fotografías deberán conter unha referencia (literal ou simbólica) á natureza desde unha perspectiva fantástica.

O prazo de entrega estará aberto ata o 31 de decembro do 2021.

As obras deberán ser enviadas á dirección electrónica m.cristina@fundacionnmac.org indicando no asunto: NATUREZA FANTÁSTICA.

En todos os casos as obras han de ir acompañadas da seguinte información: nome e apelidos, idade, domicilio, email e teléfono.

A fotografía deberá enviarse como arquivo adxunto da mensaxe, en formato JPG, a unha resolución de 240 ppp e cun tamaño non superior aos 20 x 20 cm. Cada arquivo levará como nomee o título da obra.

Unha vez finalizado o concurso, o xurado elixirá os gañadores baseándose en criterios de calidade, achegamento ao tema proposto e pola orixinalidade da fotografía enviada. Os gañadores serán informados a partir do 1 de febreiro de 2022 a través os datos facilitados ao inscribirse no concurso.

Premios:
- Primeiro premio: tarxeta amigo NMAC por un período válido dun ano; todas as publicacións editadas pola Fundación NMAC e unha visita guiada á colección NMAC para 4 persoas.
- Segundo premio: Os dous catálogos da Colección NMAC e o catálogo de James Turrell.
- Terceiro premio: Catálogo da obra “Second Wind, 2005” do artista James Turrell

Máis Información https://fundacionnmac.org/es/xii-certamen-internacional-fotografia/