XXV edición do Concurso Propostas de axudas á creación visual

05 Out 2021

Visual Entidade de Xestión de Artistas Plásticos (VEGAP), convoca a XXV edición do Concurso Propostas de Axudas á Creación Visual.

O propósito destas axudas económicas é o de promover a creación artística a través do financiamento de proxectos dos autores que se expresan a través da creación visual, posibilitando o desenvolvemento do seu traballo, o seu proceso de investigación e a creación de novas obras.

Cada participante poderá presentar un só proxecto incluído en calquera das seguintes categorías: Artes Plásticas, Novas Formas de Expresión Artística, Fotografía, Ilustración e Deseño gráfico.

Os proxectos enviaranse dixitalmente a través da páxina web: www.propuestasvegap.com  completando a información solicitada en cada un dos campos do formulario de inscricón alí aloxado e achegando nun só arquivo PDF a documentación que a continuación se indica:
1. Unha fotocopia do DNI ou da tarxeta ou permiso de residencia
2. Un Currículo vitae (1 páxina máximo).
3. Unha memoria descritiva da obra ou proxecto creativo que se quere realizar (ata un máximo de 3 páxinas).
4. O calendario de traballo e orzamento total do proxecto, con indicación da axuda económica que se solicita, achegando, en 1 páxina máximo, a desagregación no que se indique cada un dos gastos que se precisen efectuar.
5. Un dossier gráfico cun máximo de 10 imaxes de obra recente, bosquexos ou traballos persoais realizados polo autor (ata un máximo de 10 páxinas. Os proxectos de novas tecnoloxías poderán ir acompañados, ademais, dunha URL a un link externo).

A documentación deberá achegarse na orde indicada e, en ningún caso, poderá consistir no envío de orixinais das obras. A extensión da documentación achegada no arquivo que se achegue non poderá superar un volume de 16 páxinas en total. O peso total do arquivo adxunto non poderá superar 14 megas.

O prazo de presentación dos proxectos abrirase ata as 12:00 horas do venres, 29 de outubro de 2021.

VEGAP comunicará o fallo do Xurado o día 15 de decembro a través das páxinas web: www.vegap.es e www.propuestasvegap.com, así como a través de medios de comunicación e redes sociais.

Os beneficiarios das axudas deberán presentar unha memoria xustificativa ou informe de execución do proxecto premiado antes do 3 de xullo de 2022.

Requisitos:
Poden participar nesta convocatoria os/as autores/as de obras das artes plásticas, da fotografía, do deseño gráfico, da ilustración ou das novas formas de expresión artística, que sexan residentes en España ou ben que sexan españois que residan no estranxeiro.

Dotación: a asignación total da convocatoria ascende a 100.000 euros distribuídos en 20 premios de 5.000 euros cada un deles.

Máis información: www.vegap.es