Mozos Investigadores 2021

04 Out 2021

O Instituto da Xuventude (INJUVE) e o Ministerio de Educación convocan os premios do XXXIII Certame Mozos Investigadores para 2021, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

A finalidade desta convocatoria é promover e incentivar a investigación nos centros docentes que impartan ensinos de etapas previas á universidade, mediante a concesión de premios a traballos relevantes de investigación científica ou tecnolóxica realizados polos alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato ou Formación Profesional.

Requisitos:
Ter cumpridos os 15 anos antes do 31 de decembro de 2020 e que non cumprisen 21 anos ao 30 de setembro de 2021. Poderá ampliarse a idade, no caso de que os/as participantes sexan persoas con discapacidade.
Estudiantes matriculados/as en centros docentes de ESO Bacharelato e Formación Profesional durante o curso 2020-2021.

Premios:
Premios dotados economicamente polo Ministerio de Universidades:
a) Premio Especial Certame "Novos Investigadores" de 5.000 euros.
b) Sete primeiros premios, de 4.000 euros cada un.
b) Dez segundos premios, de 3.000 euros cada un.
c) Dez terceiros premios, de 2.000 euros cada un.
d) Dez accésits, de 1.000 euros cada un.
e) Oito premios de 2.000 euros aos profesores-titores de cada un dos traballos galardoados cos primeiros premios e o premio especial.
f) Dez premios de 1.000 euros aos profesores-titores de cada un dos traballos galardoados cos segundos premios.

Premios de entidades patrocinadoras:
a) Un premio dotado pola Universidade de Málaga de 3.000 euros, que poderá adscribirse a calquera das áreas.
b) Un premio dotado pola Fundación Vencer o Cancro consistente en 1000 € para o autor/autores do mellor traballo sobre investigación relacionada co cancro e 500 ao titor para a compra de material.

O importe dos premios será distribuído equitativamente entre os autores ou titores e abonado a cada un deles.

Estancias científicas:
a) Un premio Alan Turing, consistente nunha estancia, dotado pola Sociedade Científica Informática de España e a Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñería Informática de España.
b) Un premio, consistente nunha estancia, da Real Sociedade Española de Física para un traballo de investigación destacado realizado nas áreas relacionadas coa Física.
c) Un premio da Real Sociedade Española de Química para un traballo de investigación destacado realizado nas áreas relacionadas coa Química. O premio consistirá nunha achega económica de 1.000 € e unha estancia de perfeccionamento nesa área.
d) Ata un máximo de oito premios, dotados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para realizar unha estancia dun máximo de dúas semanas de duración nun dos seus centros de investigación.

Mencións de Honra
a) Unha Mención de Honra ao profesorado coordinador cuxa labor de fomento e impulso da investigación entre os mozos/as fose apreciada como especialmente destacable polo xurado.
b) Unha Mención de Honra ao centro docente ou asociación cuxa labor fose apreciada como especialmente destacable en aras do fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da mocidade.
c) Unha Mención de Honra, á persoa ou institución que, a xuízo do xurado, destacase nos labores de fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da mocidade.

Participación en certames e congresos científicos internacionais:
a) Os/as autores de ata un máximo de tres dos traballos presentados ao certame serán propostos para participar no Certame Europeo de Mozos Investigadores (EUCYS).
b) Un/ha participante será proposto para participar na próxima edición do encontro internacional de debate científico International Swiss Talent Forum.
c) Os autores de ata catro traballos serán propostos para a participación na próxima edición do certame competitivo internacional de investigación Exporecerca Jove, a celebrar en Barcelona.
d) Ata tres premios para participar na próxima edición do certame Step into the future, homólogo a Mozos/as Investigadores en Rusia.
e) Ata tres premios para participar na próxima edición do certame I giovani e lle scienze, homólogo a Mozos/as Investigadores en Italia
f) Ata un premio para participar na final española de Stockholm Junior Water Prize, para un proxecto relevante relacionado coa auga.

As solicitudes poderanse cumprir mediante o formulario de inscrición da web do Ministerio de Educación: http://www.educacion.gob.es e http://www.universidades.gob.es
O prazo para a presentación será ata o 17 de outubro de 2021. No BOE do 13 de outubro publícase unha modificación do prazo.

Máis información no BOE do 2 de outubro de 2021 e na web do Ministerio de Educación