Bolsas no Ministerio de Pesca

04 Out 2021

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca bolsas de formación práctica para persoas tituladas universitarias nas áreas de ordenación pesqueira e de asesoramento xurídico, réxime sancionador e desenvolvemento normativo.

A finalidade das bolsas é promover a formación e o perfeccionamento técnico-profesional en materia de pesca e acuicultura.

Cinco bolsas na área de ordenación pesqueira
Unha bolsa na área de asesoramento xurídico, réxime sancionador e desenvolvemento normativo.

Requisitos:
- Título universitario en materias e especialidades relacionadas coas funcións da Dirección Xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura para as bolsas da área de Ordenación Pesqueira.
Para a bolsa na área das bolsas de formación na área de Asesoramento Xurídico, Réxime Sancionador e Desenvolvemento Normativo, título universitario en Dereito ou en Xestión e Administración Públicas.
- Finalizar os estudos nos seis anos anteriores da convocatoria.
- Ter coñecementos de inglés nivel mínimo B1.

Prazo: 26 de outubro de 2021
Máis información no BOE do 4 de outubro de 2021