Enquisa sobre o coñecemento e manexo das mulleres no ámbito das TIC

04 Out 2021

A Xunta, a través do Consello Galego das Mulleres, está a realizar unha enquisa sobre o estado de coñecemento e manexo das mulleres no ámbito das TIC, no marco do estudo que está elaborando sobre o papel das mulleres ante as TIC con fin de que permita afondar nas fenda tecnolóxica e aportar solucións de capacitación para mellorar a empregabilidade.

Na enquisa recóllese información cuantitativa e cualitativa sobre a situación actual das mulleres galegas e a súa relación coas TIC cara a poder deseñar unha folla de ruta que atenda ás súas necesidades de capacitación e coñecementos.

Máis información e enquisa