VII Premio Nacional de iniciación á Investigación Tecnolóxica

01 Out 2021

A Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de España (UAITIE) convoca a VII edición do Premio Nacional de iniciación á Investigación Tecnolóxica.

Os proxectos serán achegas colaborativas de equipos (mínimo de 3 alumnos e máximo de 5), coordinados por un/ha profesor/a ou representante do centro educativo que imparta a materia de Tecnoloxía, quen exercerá de interlocutor/a entre a institución de ensino, a Asociación colaboradora e UAITIE. Poderán participar varios equipos de alumnos dun mesmo centro.

Os traballos recibidos clasificaranse en dúas categorías segundo o nivel de estudos que o equipo de alumnos estea a cursar no momento de convocatoria deste Premio:

Categoría A: Estudantes de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Categoría B: Estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
Nesta edición, os participantes deberán idear e propoñer unha solución relacionada cunha das seguintes temáticas: “Deseño Industrial, Enerxías Renovables, Aforro Enerxético, Robótica, Atención á Discapacidade, Xestión de Residuos, Urbanismo Intelixente, Intelixencia Artificial”, de posible aplicación á súa contorna doméstica, urbano ou escolar (por exemplo na aula).

Os traballos deberán seguir a metodoloxía do proxecto tecnolóxico, e as condicións que han de cumprir son:

- Os traballos han de ser orixinais e inéditos.
- Deben ser presentados dixitalmente, en formatos Word e PDF.
- Poderán incluír os diagramas ou fotografías necesarios para a comprensión do proxecto.
- Deberán achegar un resumo do proxecto, nun espazo non superior a unha páxina, e unha breve presentación en vídeo, (máximo 10 minutos), ou infografía (opcional) con obxecto da súa presentación pública.
- O entregable de cada proxecto non poderá superar as 20 páxinas, incluíndo portada e índice.
- Construirase un prototipo funcional ou virtual do desenvolvemento proposto, que mostre os seus principios de operación e os seus resultados.
- Deberase entregar unha imaxe do proxecto que expoñerá o proxecto na web.
- Deberán cumprir o formato preestablecido e que se adxunta a esta convocatoria.
- A documentación dos proxectos enviaraa o coordinador do equipo á dirección de correo electrónico: premionacional@uaitie.es.

O Concurso estará aberto ata o 31 de marzo de 2022.

Entre os/as participantes, e en cada comunidade autónoma, seleccionarase un proxecto gañador na Categoría A e un proxecto gañador na Categoría B, cada un dos cales será o vencedor na devandita demarcación territorial (FASE LOCAL). A fase local decidirase entre o 8 e o 18 de abril de 2022.

Todos os traballos que fosen premiados pasarán a ser finalistas e obxecto de exposición pública na web habilitada para ese efecto, e na que se publicarán os gañadores desta FASE FINAL. Esta publicación terá lugar a partir do día 19 e 22 de abril de 2022. A votación nesta fase nacional realizarase do entre o 2 e o 13 de maio de 2022. Os premios serán entregados por UAITIE nun acto de celebración programado para o 15 de xuño de 2022, no lugar e hora que se determine e que será adecuadamente comunicado aos premiados. Ao devandito acto serán convocados ademais dos gañadores, os coordinadores das Asociacións participantes.

Estableceranse os seguintes premios para cada categoría:

- Premios Fase Local: Diploma acreditativo ou outra concesión a criterio da Asociación Local do equipo gañador da zona. Estes Premios serán entregados polas Asociacións colaboradoras no lugar e data que determine cada unha delas.
- Premios Fase Nacional: Os dous proxectos mellor valorados -un de cada categoría-, serán publicados no portal do Concurso como gañadores, e ademais serán recoñecidos co seguinte premio, que será igual para as dúas categorías obxecto do concurso (A e B):

Diploma acreditativo.
Valor monetario equivalente de 1000 euros para os impulsores do proxecto.
Valor equivalente a 1000 euros para o centro educativo en material para aula tecnolóxica do centro.

https://www.premionacionaluaitie.com/bases