O 20% de mozos novos nega a violencia de xénero ou lle resta importancia

30 Set 2021

FAD, Fundación de Axuda contra a Drogadicción, publica o seu barómetro Mocidade e Xénero 2021.

- Crece a porcentaxe de mozos novos (15 a 29 anos) que nega a violencia de xénero ou lle resta importancia
- Un 20% deles negan que a violencia de xénero exista hoxe en día, cren que é “un invento ideolóxico”. En 2019, esta porcentaxe era do 12%
- Máis de 7 de cada 10 mulleres considera que as desigualdades de xénero son elevadas en España, fronte a só 4 de cada 10 homes. Ademáis 1 de cada 10 mozos considera que as desigualdades de xénero non existen.
- Un 18,1% dos homes recoñece que é normal mirar o móbil da parella, fronte ao 12,7% delas. 3 de cada 10 mozos aproximadamente consideran que unha parella necesariamente limita a túa liberdade e normalizan a presenza de celos como “proba de amor” (28% entre eles, 15% entre elas).

O Barómetro “Mocidade e xénero” analiza a percepción de adolescentes e mocidade de entre 15 e 29 anos sobre as desigualdades de xénero, as identidades, as experiencias afectivas, a violencia de xénero e as relacións de parella e familiares.

https://www.adolescenciayjuventud.org/publicacion/barometro-juventud-genero-2021/