O proxecto A Tribo enche as redes de real news sobre a adolescencia en risco de exclusión.

30 Set 2021

A Tribo é un proxecto de Agareso e Igaxes no que 22 adolescentes en risco de exclusión social traballaron en equipo con diferentes ferramentas de comunicación ata para definir esta campaña, coa que nos recordan que as súas voces tamén importan e deben ser escoitadas.

Aitor, Alecoy, Valentina, Aroha, Gabriel, Karma, Ilias, Jordan, Jorge, Natxo, Lorena, Mariana e Chari pídennos que non xulguemos nin poñamos límites ás súas vidas, que non miremos para outro lado nin as deixemos caer. Propoñen, simplemente, que nos deamos conta do que valen e que -se é preciso- as axudemos a cambiar o rumbo.

Elas e eles son as verdadeiras axentes do cambio, ideadoras de solucións e xeradoras de impacto público. Coñece as súas historias e mensaxes. E, se che quedan ganas de máis, goza coas curtas e podcast que crearon como parte deste proceso. Despois, pregúntate de novo, ¿Vas permitir que o comezo marque o seu destino?
Na xeración do proxecto e na materialización dos contidos, foron os propios adolescentes os que decidiron o que querían contar e como contalo.

Curtas: https://www.agareso.org/gl/que-facemos/accion-social-gal/a-tribo/a-tribo-edicion-2020-21/