Formación arquivística, documental e bibliotecaria no Senado

30 Set 2021

O Senado convoca 15 bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria, dirixidas a mozos/as titulados que desexen especializarse nestes campos.
As bolsas outórganse cunha duración dun ano (dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2022) e consistirán en doce pagamentos de 800 € brutos.

Requisitos:
Título oficial universitario en Biblioteconomía e Documentación.
a) ter nacido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1994.
b) acreditar ter cursado estudos en materias arquivísticas, bibliotecarias ou documentalistas durante polo menos 200 horas lectivas.
c) non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro de 2021.
Máis información no BOE do 30 de setembro de 2021 e en www.senado.es