Bolsas de comunicación institucional no Senado

30 Set 2021

O Senado convoca 3 bolsas de formación sobre comunicación institucional, interna e externa, dirixidas á mocidade licenciada que desexe especializarse neste campo.
As bolsas outórganse cunha duración dun ano (dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2022) e consistirán en doce pagamentos de 900 €.

Requisitos:
Estar en posesión dun título superior universitario de Grao ou de Licenciatura en Ciencias da Información, Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade
a) ter nacido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1994.
b) non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro de 2021.
Máis información no BOE do 30 de setembro de 2021 e en www.senado.es