Concurso de Música Tradicional de Luou

29 Set 2021

A Asociación Cultural A Mámoa de Luou (Teo) convoca o seu XII Concurso de Música Tradicional dirixido a cuartetos tradicionais e dúos de gaita-tambor.

Terá lugar o sábado 20 de novembro no edificio social de Luou, indo a sección dos cuartetos á mañá e a dos dúos, á tarde.

Máis información e follas de inscrición na web da asociación: http://acamamoa.gal/concurso-de-musica-tradicional/