Certamen literario Manuel-Oreste Rodríguez López

29 Set 2021

O Concello de Paradela celebra un ano máis o Certamen Literario na honra do seu fillo ilustre Manuel-Oreste Rodríguez López. Na súa XXVII Edición o Certame premia tres modalidades: poesía, narrativa e especial Camiño de Santiago; en concreto esta última modalidade, céntrase no Camiño Francés ao seu paso por Paradela.

Poden concorrer ao Certame Literario todos os autores co desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.
As obras de narrativa terán unha extensión máxima de vinte folios, sin mínimo, mecanografadas (ou a ordenador) e a doble espacio.
As obras de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos.
En ámbalas dúas categorías deberán se orixinais, inéditos e non premiados en calquera outro concurso e estar escritos en galego ou castelán, debendo estar finalizados con carácter previo á convocatoria.
A modalidade Especial Camiño de Santiago, ten os mesmo requisitos, na que concorren de forma conxunta narrativa e poesía.

O prazo de entrega vai dende o 1 de Outubro de 2021 ao 30 de Novembro de 2021. Enviarase un único exemplar, sen sinatura e cun lema.

Pódense remitir por correo postal a Concello de Paradela. Certame Literario (Modalidade), Rúa Cabaleiros de Santiago 15, 27611 Paradela. Lugo. Ou ao correo electrónico oix.paradela@eidolocal.es

Premios.
Modalidade narrativa:
- 1º Premio: 1.000 €
- 2º Premio: 500 €
Modalidade poesía:
- 1º Premio: 1.000 €
- 2º Premio: 500 €
Modalidade especial Camiño de Santiago
- 1º Premio: 1.000 €

O xurado reservase a facultade de conceder dous accésits de 250 €, en cada categoría, asemade poderá conceder ata dúas mencións de honra como máximo, de 250 € en cada categoría.

Máis información na páxina web do concello: http://www.paradela.es/sites/default/files/bases-27-2021.pdf