Premios Estratexia NAOS

28 Set 2021

Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, pola que se convocan os Premios Estratexia NAOS co obxectivo sensibilizar á poboación do problema que a obesidade representa para a saúde e impulsar as políticas e programas dirixidos a mellorar os hábitos alimentarios e promover a práctica de actividade física.

Modalidades

Premio Estratexia NAOS á promoción dunha alimentación saudable no ámbito familiar e comunitario: iniciativas que se distinguisen pola súa capacidade para inculcar hábitos alimentarios saudables na poboación.

Premio Estratexia NAOS á promoción da práctica de actividade física no ámbito familiar e comunitario: iniciativas que se distinguisen pola súa capacidade para promover a práctica de actividade física na poboación.

Premio Estratexia NAOS á promoción dunha alimentación saudable no ámbito escolar: iniciativas que se distinguisen pola súa capacidade para inculcar hábitos alimentarios saudables entre os escolares dos centros de ensino infantil, primario e secundario, tanto a través de actividades realizadas na aula como extraescolares.

Premio Estratexia NAOS á promoción da práctica de actividade física no ámbito escolar: iniciativas que se distinguisen pola súa capacidade para promover a práctica de actividade física entre os escolares dos centros de ensino infantil, primario e secundario, tanto a través de actividades realizadas na aula como extraescolares.

Premio Estratexia NAOS no ámbito sanitario: iniciativas que se distinguisen pola súa capacidade para implantar medidas de detección precoz do sobrepeso e a obesidade e inculcar hábitos alimentarios saudables e a práctica regular de actividade física na poboación, a través do persoal de centros e servizos de saúde de calquera titularidade, oficinas de farmacia ou calquera outro centro ou institución sanitaria.

Premio Estratexia NAOS no ámbito laboral: iniciativas que se distinguisen pola capacidade para inculcar hábitos alimentarios saudables, promover a práctica regular de actividade física ou ambos os dous, entre os empregados do centro de traballo.

Premio Estratexia NAOS á iniciativa empresarial: iniciativas desenvolvidas por empresas alimentarias que se distinguisen por facilitar a adopción de hábitos alimentarios saudables entre a poboación mediante melloras na composición de produtos, e/ou na información subministrada na etiquetaxe e/ou na publicidade e mercadotecnia dos seus produtos e/ou a práctica regular da actividade física.

Premio Estratexia NAOS de especial recoñecemento: será outorgado, por proposta das distintas administracións públicas españolas cuxa actividade estea relacionada cos obxectivos da citada estratexia, a aquelas persoas ou institucións cuxa traxectoria destacase pola súa dedicación á promoción da alimentación saudable ou a estimular a práctica de actividade física entre a poboación, como obxectivos básicos daquela.

Requisitos:
Poderá concorrer a estes premios calquera persoa física, agrupación con ou sen personalidade xurídica, organización social e empresarial, institución, administración pública e calquera outra entidade pública ou privada que iniciase ou desenvolvese algún proxecto, programa, actividade ou plan innovador coincidentes cos obxectivos da Estratexia NAOS

Dotación dos premios.
Ningunha modalidade dos Premios ten asignada dotación económica.
Cada un dos gañadores dos Premios Estratexia NAOS recibirán un trofeo e diploma acreditativos do premio.
Os accésits recibirán un diploma acreditativo do mesmo.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de diciembre de 2021.
Máis información no BOE do 28 de setembro de 2021 e en https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/web/nutricion/seccion/Premios_NAOS.htm