Voluntariarte

28 Set 2021

A Plataforma do Voluntariado de España Voluntariarte, convoca un Certame de debuxo e relato.

Este certame pretende fomentar o labor voluntario entre a infancia e a adolescencia a través da expresión artística.

Con motivo do décimo aniversario, Plataforma do Voluntariado en España quere saber como cre a infancia e a mocidade que o voluntariado axuda a lograr un mundo mellor. Por iso, os debuxos e relatos deben enmarcarse baixo o título “Crea o mundo que desexas".

Para participar, debes entrar na páxina web de Voluntariarte e encher os campos do formulario "Envíanos a túa obra". Se es un centro educativo ou entidade social, debes enviar un formulario por participante.

Os formatos que permiten o envío son: Word, PDF e JPG. A data fin de recepción de obras é o día 15 de novembro ás 23:59 horas.

Dúas modalidades: Infantil: 6-11 anos e Xuvenil: 12-18 anos.

https://plataformavoluntariado.org/voluntariarte/