O programa Carné Xove suma a adhesión do portal online Vipealo.com

28 Set 2021

Dende hoxe pasa a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos á mocidade posuidora do carné xove o portal online de visitas guiadas, actividades e excursións Vipealo.com

 

O desconto será dun 10% para todas as actividades da páxina web exceptuando os privados. Para obter o desconto hai que escribir un correo electrónico a info@vipealo.com, achegando unha copia do carné xove e do DNI.

 

Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar neste establecemento das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!