Juvenes Translatores

23 Set 2021

A Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea organiza "Juvenes Translatores", concurso de tradución en liña para centros de ensino de secundaria da Unión Europea.

O obxectivo deste concurso de tradución anual é promover, recoñecer e recompensar a aprendizaxe de idiomas. A capacidade de falar idiomas estranxeiros é un activo importante para a mocidades que ingresa ao mercado laboral. Nunha economía cada vez máis conectada e global, os empregadores buscan activamente candidatos multilingües capaces de adaptarse e prosperar nun contexto internacional.

Os participantes poderán elixir calquera das de linguas entre as 24 linguas oficiais da Unión Europea.

Está aberto a alumnado de secundaria de 17 anos de idade e celébrase simultaneamente en todos os centros seleccionados da Unión Europea.

Prazo: a inscrición dos centros estará aberta ata as 12.00 horas (hora central europea) do 20 de outubro de 2021. A continuación, a Comisión Europea convidará a un total de 705 centros a participar na etapa seguinte. O número de centros participantes por país será igual ao número de escanos do país no Parlamento Europeo, e os centros seleccionaranse ao azar mediante sorteo electrónico. Os centros elixidos designarán entón a entre dous e cinco estudantes para participar no concurso. Os alumnos poderán ser de calquera nacionalidade, pero todos os participantes deberán nacer en 2004.

O concurso celebrarase en liña o 25 de novembro de 2021 en todos os centros participantes. O gañadores/as —un por país— serán anunciados a principios de febreiro de 2022. Se as condicións o permiten, serán convocados á entrega de premios na primavera de 2022, nunha cerimonia que se celebrará en Bruxelas. Terán a oportunidade de reunirse con tradutores profesionais da Comisión Europea e obter máis información sobre a profesión e sobre a experiencia de traballar con linguas.

Os centros deberán:
- estar situados nun Estado membro da Unión Europea
- estar recoñecidos polas autoridades educativas dun ou varios Estados membros
- presentar de 2 a 5 participantes nados en 2004
- ter acceso a internet e dispoñer dos equipos informáticos necesarios

Dotación
Todos os alumnos recibirán un certificado de participación.
Poderanse outorgar mencións especiais a algúns dos participantes se as súas traducións son dunha calidade excelente.

Máis información