Time to Move

23 Set 2021

Como todos os anos, o servizo de información europeo Eurodesk organiza a súa campaña "Time to Move" durante o mes de outubro.

Time to Move é un conxunto de eventos presenciais e en liña que se celebran en toda Europa por parte de centos de organizacións xuvenís e entidades públicas que forman parte da rede Eurodesk, co obxectivo de dar a coñecer ás persoas mozas as diferentes opcións de mobilidade das que dispón no marco da Unión Europea.

Voluntariado virtual? Intercambio escolar dun semestre? Prácticas no estranxeiro? Tras case dous anos de pandemia, é un bo momento para que empezos a pensar no teu novo proxecto no estranxeiro coa axuda dos expertos de Eurodesk.

As actividades de Time to Move ofrécenche a oportunidade de prepararte para proxectos virtuais ou presenciais e recibir orientación sobre as oportunidades internacionais que che interesen. Para descubrir os distintos webinars, sesións informativas, oportunidades de orientación personalizada ou actividades presenciais preto de ti, explora o mapa da web de Time to Move!

Queres ver nas redes sociais que ocorre en liña e noutros países durante o Time to Move? Bota unha ollada buscando # timetomove2021 en redes sociais e, se participas nalgún evento, comparte as túas fotos cos demais!

Concursos
Aínda que as actividades en liña e presenciais organizadas polos puntos da rede Eurodesk comezarán en outubro, xa podes participar en Time to Move 2021 uníndote aos seus concursos: durante setembro e outubro, irase anunciando cada dúas semanas na web e en redes sociais un novo reto (challenge) con tema e formato distintos. Participa nos que queiras e poderás gañar fantásticos premios.

O primeiro reto, Greener Europe, consistiu en facer unha foto ensinando como contribúes a unha Europa máis verde. Na súa galeria podes ver a foto máis votada polo público na páxina web de Time to Move durante este primeiro reto que terminou o día 19 de setembro.

Xa podes participar no segundo reto, 'I am Europe, we are Europe', antes das 12:00 horas do día 3 de outubro. Este reto consiste en escribir unha historia de ata 10 frases sobre a diversidade de Europa e a súa xente.

https://timetomove.eurodesk.eu/es/