Dinamización Comunitaria

22 Set 2021

Magnafor, empresa dedicada a servizos para o emprego, está a organizar para a Deputación da Coruña unha acción formativa enfocada na dinamización comunitaria enmarcada no Plan de Emprego Local (PEL).

Trátase dunha formación totalmente gratuíta que entra dentro do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña baixo o marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación do Fondo Social Europeo.

Obxectivos
Programar, organizar, dinamizar e avaliar actuacións de intervención social encamiñados ao desenvolvemento da participación cidadá e á articulación de procesos comunitarios.

Contidos
MF1020_3: Axentes do proceso comunitario. (90 horas)
MF1021_3: Participación cidadá. (90 horas)
MF1022_3: Metodoloxía da dinamización comunitaria. (90 horas)
MF1023_3: Fomento e apoio asociativo. (50 horas)
MF1024_3: Técnicas e instrumentos de información e difusión na dinamización comunitaria (60 horas)
MF1025_3: Xestión de conflitos entre axentes comunitarios. (60 horas)
MF1026_3 (Transversal): Impulso da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. (50 horas)
MP0142: Módulo de prácticas profesionais non laborais (120 horas)

Duración total de 610 horas + formación transversal

Datas e lugar de impartición
Ordes: inicio a mediados de Outubro 2021 / Horario: Luns a Venres de 9:00 a 14:00
Santa Comba: inicio a mediados de Outubro 2021 / Horario: Luns a Venres de 9:00 a 14:00
Ortigueira: inicio a mediados de Outubro 2021 / Horario: Luns a Venres de 16:00 a 21:00

Máis información en https://www.magnafor.es/convocatorias-abiertas/dinamizacion-comunitaria/#toggle-id-5