Subvencións a actuacións destinadas á xuventude e ao voluntariado

22 Set 2021

A Consellería de Política Social convoca subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Entidades beneficiarias: Entidades de acción social sen ánimo de lucro e a Cruz Vermella Española.

Liñas de actuación
Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica
Actuacións de inclusión social
Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade
Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade
Actuacións destinadas á xuventude
Actuacións destinadas ao voluntariado

Os formularios de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código BS623D
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 22 de outubro de 2021.
Máis información no DOG do 22 de setembro de 2021 e en http://politicasocial.xunta.gal