Actividades e formación para a mocidade en Oleiros

22 Set 2021

Dende as Casas da Mocidade de Oleiros - Portaberta e As Pedras - organiza actividades e formacións para o mes de outubro. oleiros1

Todas as actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais continuarán coas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.

Actividades de ocio

02/10/2021 - Saída a Chelo - 09:00h A 18:00h.

09/10/2021 - Saída a Santiago de Compostela - 09:00h A 18:00h.

16/10/2021 - Mocidade Voluntaria - 12:00h A 20:00h. As Pedras

16/10/2021 - Mociradio - 10:00h - 12:00h.

23/10/2021 - Obradoiro de Maquillaxe Sanguenta - 17:00h. - 20:00h. Portaberta

29/10/2021 - Xornada de Xogos de Taboleiro - 17:00h. - 20:00h. Portaberta

30/10/2021 - Velada Terrorífica - 21:00h. - 00:00h. Parque de Nirvana

Actividades formativas

15/10/2021 - Curso de Sexualidade no Tempo Libre - 17:00h - 21:00h. As Pedras

22/10/2021 - Obradoiro De Rap - 18:00h - 21:00h. As Pedras

Os seus Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00; e o horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a xoves de 17:00 a 20:00 e venres e sábado ate as 22:00.

Instagram: @centrosmocidadeoleiros
Facebook: Casas da Mocidade Oleiros
Páxina web: centrosmocidadeoleiros.wordpress.com