Curso en Santiago de Compostela de Director/a de tempo libre da ETL Don Bosco

15 Set 2021

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un curso de Director/a de tempo libre

Requisitos
- Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
- Acreditar unha experiencia de traballo como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, coma mínimo, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.
- Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.

Lugar: Centro Xuvenil Don Bosco na rúa Belvís 2 de Santiago de Compostela.

Datas da parte teórica:
Decembro: 18, 19, 27, 28, 29, 30, 31
Xaneiro: 3, 4, 5, 7, 8, 9, 15, 16
A maioría do curso desenvolverase de forma presencial. Unha pequena porcentaxe das horas do curso realizarase de forma online que poderían aumentar si a situación sanitaria así o requerira.

Horarios:
As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
Traballos e tarefas na aula virtual
Equipo necesario para as sesións online:

Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

Matrícula:
Para realizar a inscrición do curso xa está dispoñible o Formulario de Inscrición
Tamén é posible realizar a inscrición nas instalacións da propia Escola (rúa Belvís, 2, Santiago de Compostela).

Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso por falta de incrición mínima. Non se reembolsará cando un alumno/a e baixa do curso e non o comunica cunha antelación mínima de 10 días antes do incio do mesmo.

No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia) e foto actual.

Total prazas: 25 alumnos
Prezo: 250 €. 
O curso consta de 150 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.

https://www.cxdonbosco.org/index.php/etl/cursos/346-curso-de-director-a-de-tempo-libre-2021-2022