Taller de Stop-Motion

14 Set 2021

O Galician Freaky Film Festival arrancará o 25 de setembro en Vigo, cun día enteiro dedicado ao público infantil e xuvenil: O Pequefreak, un evento no que as nais e pais, tías e tíos, poderán iniciar aos máis cativos no marabilloso mundo do cinema freak.

Coa colaboración do Concello de Vigo, celebrarán este mini-festival nunha completa xornada que contará cun taller de Stop-Motion impartido polo director Fernando Cortizo, xogos de realidade virtual dos compañeiros de Inmersia, e cinema, moito cinema.

A sección oficial, na que os máis cativos elixirán a súa obra favorita, estará composta por 19 curtametraxes vidas de todas partes do mundo.
12:30 – 14:00 : Curtas I (+7 anos)
17:00 – 18:00 : Curtas II (TP)

Para finalizar a xornada e dar renda solta á nostalxia despedirán esta primeira edición do Pequefreak coa proxección de “Los Goonies” do director Richard Donner. Será ás 19:30 h.

https://galicianfreakyfestival.com/pequefreak-o-meu-primeiro-festival/