Galician Freaky Film Festival

14 Set 2021

Que vas ver no GFFF? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:
- Terror e arrepío para que non durmas máis.
- Friquismo do de verdade.
- Humor ata que escache o diafragma.
- Pezas que che van deixar o cu torcido.
- A mellor animación.

Datas: do 29 de setembro ao 2 de outubro en Vigo

O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais.

O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén terán máis sorpresas das que poderás procesar!

https://www.youtube.com/watch?v=GSMCdGM-ZlM 

FACEBOOK! GalicianFreakyFilmFestival
INSTAGRAM! @GFFFestival
TWITTER! @GFFFestival

E para os/as máis pequenos/as o Pequefreak: https://galicianfreakyfestival.com/pequefreak-o-meu-primeiro-festival/