Bolsas aeroespaciais

13 Set 2021

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas" convoca bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico en materias e proxectos propios do Instituto

Requisitos:
Título oficial de formación profesional de grao superior, graduado, licenciado, enxeñeiro ou equivalentes, sempre que terminasen os seus estudos nos catro anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A contía individual da bolsa será de 12.000 € anuais para as bolsas dirixidas a graduados/as, licenciados/as ou enxeñeiros/as e de 9.000 € para as bolsas dirixidas a titulados en formación profesional de grao superior.
Os importes abonaranse por mensualidades, a razón de 1.000 € e de 750 € brutos mensuais respectivamente

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2021 en http://sede.defensa.gob.es/acceda/ no enlace "Procedimientos" "INTA-Becas"

Máis información no BOE do 8 de setembro de 2021 e en http://inta.es/INTA/es/bolsa-de-empleo/becas/