A consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de convocar en réxime de concorrencia competitiva 164 bolsas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.
Persoas beneficiarias: O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+.Cada bolsa terá unha dotación máxima de 1.700 €.
Obxecto
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
CONVOCATORIA: DOG Núm. 167Martes, 31 de agosto de 2021