Premios ao Voluntariado Universitario

27 Xul 2021

A Fundación Mutua Madrileña convoca a IX edición dos Premios ao Voluntariado Universitario co obxectivo de recoñecer, promover e dar visibilidade ao labor solidario da mocidade universitaria española, así como axudar economicamente ao impulso das súas actividades.

Poden participar estudantes universiarios/as que colaboren en proxectos de voluntariado que reúnan os seguintes requisitos de participación:
- Proxectos impulsados e desenvolvidos por un grupo de varios estudantes universitarios (mínimo de 3) de calquera titulación.
- Iniciativas realizadas por voluntarios/as que estean vinculadas a ONG con sede en España.
- Proxectos en curso ou que estea previsto poñer en marcha antes do 31 de marzo de 2022.
- As persoas universitarias que presenten o proxecto deben estar a cursar os seus estudos ou finalizalos hai menos de dous anos.
- As candidaturas deben ser presentadas e lideradas por mocidade universitaria.

Prazo: ata o 29 de outubro.

https://www.premiosvoluntariado.com/edicion-actual/