Axudas para a adquisición de vivendas protexidas

23 Xul 2021

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas para a adquisición de vivendas protexidas

Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.
b) Ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, dunha vivenda protexida.

A contía da axuda para a adquisición de vivenda será a seguinte:
a) No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.
b) No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.
En todo caso, as axudas terán o límite do 20 % do prezo de compra da vivenda.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o o 30 de setembro de 2021.
As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento VI420C
Máis información no DOG do 23 de xullo de 2021 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada